Friday 03 de May de 2024

O Concello de Riveira mostra a súa colaboración co pobo sirio


O proceso irá coordinado coa Xunta de Galicia

O Concello de Riveira fai pública a súa colaboración ante a situación humanitaria de emerxencia social xerada pola guerra en Siria.

Dende o consistorio, poñen a disposición tódolos seus medios para poder dar resposta a este drama social. A efectos de poder levar a cabo esta iniciativa, o concello vai a estar coordinado tanto coa Xunta de Galicia, a través da Consellería de Benestar, e a Fegamp.

Para a colaboración na acollida de refuxiados do pobo sirio, ademais dos medios que pon ao servizo o concello, esperase contar tamén co apoio e a implicación veciñal así como as entidades que queiran aportar medios para actuar de forma rápida e xenerosa ante esta tremenda crise humanitaria.